
Un gorro ruso
Pérez Díaz, Claudio
Pérez Moratilla, Claudia
O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa. Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en "Un gorro ruso" os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.
- Autor
-
Pérez Díaz, Claudio
Pérez Moratilla, Claudia
- Materia
-
Historia
> Historia de España
- EAN
-
9788411102957
- ISBN
-
978-84-1110-295-7
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 104
- Alto
- 22.0 cm
- Ancho
- 14.5 cm
- Fecha publicación
- 16-03-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Crónica Memoria
- Nº en la colección
- 176.