La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións
Castro, Rosalía de
Angueira, Anxo
(ed.)
Despois de "Cantares gallegos" (1863), "Follas novas" (1880) e "En las orillas del Sar" (1884), esta entrega, que recolle o resto da produción poética de Rosalía de Castro, acaba por completar un conxunto lírico extraordinario que converte a autora nun referente contemporáneo da literatura europea. "La flor" (1857), "A mi madre" (1863) e o conxunto da súa poesía dispersa e traducións, entre o que hai verdadeiros tesouros poéticos, enriquecen e completan un proxecto de sólida envergadura e acaban de perfilar con sorprendentes achegas unha figura única e irrepetible das letras galegas e españolas. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín ("A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego"), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de "La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións" ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.
- Autor
-
Castro, Rosalía de
Angueira, Anxo (ed.)
- Materia
-
Literatura
> Poesía gallega
- EAN
-
9788411103664
- ISBN
-
978-84-1110-366-4
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 400
- Alto
- 22.0 cm
- Ancho
- 15.0 cm
- Fecha publicación
- 08-06-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Clásicos
- Nº en la colección
- 29