A botella de lentellas
Premio Merlín, 2023
Barbadillo, Leticia
Teimoy, Xiana
(il.)
Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que acaba escachando e estrando de legumes o chan. Antes de deixarlle comer as orellas, a avoa sempre lle contaba as historias que esas orellas escoitaran. Agora que ela non está, será Manuel o encargado de imaxinar os relatos que escoitaron os doces que el mesmo preparou: sorprendentes historias protagonizadas todas elas por lentellas. A través deses relatos, que unen tres xeracións dunha mesma familia, o neno protagonista aprende a asumir a ausencia da avoa, a comprender a súa realidade social e familiar, e a sentirse un pouco máis unido ao pai.
- Autor
-
Barbadillo, Leticia
Teimoy, Xiana (il.)
- Materia
-
Infantil y juvenil
> Narrativa 9 a 12 años
- EAN
-
9788411104098
- ISBN
-
978-84-1110-409-8
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 152
- Alto
- 19.0 cm
- Ancho
- 13.5 cm
- Fecha publicación
- 05-10-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Merlín
- Nº en la colección
- 347