Ulcis

Ulcis

Fernández Ferreiro, Xosé

Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: "Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida". Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alí onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de "Ulcis", o derradeiro libro do autor de Nogueira de Ramuín, libro no que traballou ata os últimos días da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnífico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epílogo, e con limiar de X. L. Méndez Ferrín.

Autor
Fernández Ferreiro, Xosé
Matèria
Literatura > Narrativa gallega
EAN
9788491217022
ISBN
978-84-9121-702-2
Edició
1
Editorial
Edicións Xerais
Pàgines
184 
Alçada
23.0 cm
Amplada
15.5 cm
Data publicació
12-11-2020
Idioma
Gallec 
Col·lecció
Xerais narrativa 
Núm. a la col·lecció
463 
Edició en rústica
16,35 € Afegir a la cistella
Entrega: menos de 8 días

Fernández Ferreiro, Xosé (aut.)

  • Fernández Ferreiro, Xosé
    Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931-La Coruña, 2015) fue un escritor español. Fue miembro del grupo literario nacionalista Brais Pinto.   Veure més sobre l'autor