Lingua, poder e adolescencia
Rodríguez Carnota, Miguel
O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. "Lingua, poder e adolescencia" quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte dunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do noso país. Os seus relatos, radiografados a través de técnicas de análise do discurso, sitúannos enteiramente fóra do paradigma oficial do "bilingüismo harmónico". Hai ataques, padecementos, renuncias, resistencias, pequenos triunfos e amargas derrotas onde o que menos abonda é a «cordialidade lingüística» que habitualmente se proclama como emblema de Galicia. É dicir, na práctica existe unha incomprensible oposición a querer facer do galego unha lingua tan normal coma calquera outra.
- Autor
-
Rodríguez Carnota, Miguel
- Materia
-
Lenguaje y lenguas
> Sociolingüística
- EAN
-
9788411100939
- ISBN
-
978-84-1110-093-9
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 360
- Alto
- 21.5 cm
- Ancho
- 14.5 cm
- Fecha publicación
- 14-04-2022
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Crónica Lingua
- Nº en la colección
- 172.