O retorno dos homes mariños
Souto, Xurxo
Xurxo Souto converteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En "O retorno dos homes mariños" rescata un mito coruñés esquecido: "Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños". Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, cóengo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela "A gran travesía de Chiruca Macallás", traballa nun taller téxtil. É "heavy" e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.
- Autor
-
Souto, Xurxo
- Matèria
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Gènere
- General > Ficció moderna i contemporània
- EAN
-
9788491218197
- ISBN
-
978-84-9121-819-7
- Edició
- 2
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Pàgines
- 140
- Alçada
- 23.0 cm
- Amplada
- 15.5 cm
- Data publicació
- 11-02-2021
- Idioma
- Gallec
- Col·lecció
- Xerais narrativa
- Núm. a la col·lecció
- 470