HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, 1. DAS ORIXES A 1853 |
||||||||||||||||||||
|
$ 27.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, preténdese configurar un relato coherente e eficaz da produción literaria de noso dende a Idade Media até a actualidade da man de Xosé Ramón Pena, un autor de indubidable prestixio no eido da historia da literatura e en permanente diálogo crítico coas diferentes perspectivas da análise investigadora. Entender os textos literarios como un proceso artístico e comunicativo e, en consecuencia, analizar aqueles recursos retóricos dos que se serviron os seus creadores; comprender a literatura como unha herdanza e examinar as circunstancias sociais e políticas que rodean o nacemento, desenvolvemento e recepción das obras; considerar a propia traxectoria das creacións literarias en relación co devir da ferramenta lingüística que lles dá soporte: velaí a arela que guía as páxinas deste primeiro volume da Historia da Literatura Galega. Un tomo, Das orixes a 1853, dedicado ao longo período que vai desde o medievo, coa brillante etapa dos trobadores, pasando polo tempo dos denominados Séculos Escuros, para finalizar no ano de publicación d’A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos, nos inicios do Rexurdimento. | ||||||||||||||||||||
|
OBRAS RELACIONADAS |
|
|
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |