Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo
Blanco, Alberte
Partindo dunha óptica non convencional e a través dunha opinión propiamente científica, honesta e obxectiva, en "Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo" Alberte Blanco Casal enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea. Nestes tempos estraños, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e novos) paradigmas do librecambismo xa non resultan válidos para resolver os problemas e retos do mundo actual, a reflexión amósase como virtude indispensábel, que nos permite facérmonos preguntas e intentar comprender a clave do arcano sen deixarnos confundir polos ouropeis da modernidade e as luces de cores do politicamente correcto. "Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo" é unha invitación a fuxir da trivialidade para centrármonos no esencial: investigar e analizar o alcance do Poder, a súa dimensión real dentro da complexidade do mundo actual, profundando na xénese do sistema capitalista neoliberal e no papel das forzas alternativas nesta encrucillada histórica.
- Autor
-
Blanco, Alberte
- Materia
-
Ciencias humanas
> Política
- EAN
-
9788491218296
- ISBN
-
978-84-9121-829-6
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 320
- Alto
- 22.0 cm
- Ancho
- 14.5 cm
- Fecha publicación
- 11-03-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Crónica
- Nº en la colección
- 170