Sibila
Aneiros, Rosa
É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo. En "Sibila", a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.
- Autor
-
Aneiros, Rosa
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Género
- Temas narrativos > Vida interior
- EAN
-
9788491218913
- ISBN
-
978-84-9121-891-3
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 240
- Alto
- 23.0 cm
- Ancho
- 15.5 cm
- Fecha publicación
- 13-05-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Xerais narrativa
- Nº en la colección
- 475