Setestrelo
Esteban, Manuel
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas. "Setestrelo" é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.
- Autor
-
Esteban, Manuel
- Materia
-
Infantil y juvenil
> Narrativa 12 a 18 años
- EAN
-
9788411101509
- ISBN
-
978-84-1110-150-9
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 264
- Alto
- 20.5 cm
- Ancho
- 13.0 cm
- Fecha publicación
- 19-01-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Fora de xogo
- Nº en la colección
- 203