![República sideral República sideral](../covers/9788499953700.jpg)
República sideral
Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos)
Carrodeguas, Esther F.
Rodríguez Cobo, Lucía
(il.)
O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles -con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo- e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos. Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra -con mocadas e pelexas sen escrúpulos. Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto -por suposto- deberá de ser un estupendo motor de reflexión.
- Autor
-
Carrodeguas, Esther F.
Rodríguez Cobo, Lucía (il.)
- Materia
-
Infantil y juvenil
> Narrativa 9 a 12 años
- EAN
-
9788499953700
- ISBN
-
978-84-9995-370-0
- Edición
- 1
- Editorial
-
Baía Edicións
- Páginas
- 72
- Alto
- 21.0 cm
- Ancho
- 14.6 cm
- Fecha publicación
- 03-06-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Barriga Verde