Paxaros
Ortega, Natacha
Franco, Lucía
(il.)
"Paxaros" é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos que converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicos de liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro, sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación. Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía, Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención urbana -dentro do proxecto infantil Gato Peludo- baseada en habitar os lugares comúns. Á sinxeleza do texto, un canto aos soños da infancia, as ilustracións de Lucía Franco redundan no minimalismo gráfico: son imaxes que destacan pola súa naturalidade, unha reducida paleta cromática de vermellos e azuis, con personaxes caracterizados con ás e picos.
- Autor
-
Ortega, Natacha
Franco, Lucía (il.)
- Materia
-
Infantil y juvenil
> Para niños de 0 a 4 años
- EAN
-
9788413430607
- ISBN
-
978-84-1343-060-7
- Edición
- 1
- Editorial
-
Kalandraka Editora
- Páginas
- 36
- Alto
- 22.0 cm
- Ancho
- 22.0 cm
- Fecha publicación
- 29-01-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Demademora