Palabras de Opoton O Vello

Palabras de Opoton O Vello

Artís-Gener, Avel·lí

A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción na cal seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo. Situada cronoloxicamente pouco antes do xenocidio de América, a novela fabula desde a ollada inocente ou desconfiada con que os aztecas observan e interpretan a vida e os costumes galegos de finais da Idade Media. Denunciando o feito de que un pobo se poida erixir en conquistador e dominador doutro, Avel·lí Artís-Gener parte do coñecemento das linguas propias de México, como o náhuatl, para realizar un xogo de espellos que fascina nunha novela chea de humor, magnificamente traducida por Eduard Velasco, e que supón unha férrea defensa da liberdade dos pobos e da convivencia das culturas.

Autor
Artís-Gener, Avel·lí
Materia
Literatura > Narrativa catalana
EAN
9788491216438
ISBN
978-84-9121-643-8
Edición
1
Editorial
Edicións Xerais
Páginas
360 
Alto
23.0 cm
Ancho
15.5 cm
Fecha publicación
13-02-2020
Idioma
Gallego 
Colección
Xerais narrativa 
Nº en la colección
456 
Edición en rústica
18,27 € Añadir al carrito
Entrega: menos de 8 días

Artís-Gener, Avel·lí (aut.)

  • Artís-Gener, Avel·lí
    Avel·lí Artís Gener (Barcelona, 28 de mayo de 1912-7 de mayo de 2000) fue un periodista, escritor, caricaturista, escenógrafo, enigmista, director artístico de publi   Ver más sobre el autor