O baile dos estorniños

O baile dos estorniños

Quiroga, Xabier

Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación na que, en principio, non cre. Concibida como remate da Triloxía da Ribeira Sacra, "O baile dos estorniños" fusiona de xeito maxistral unha investigación actual, a cargo do escritor e mais dun personaxe con alma de detective, o Reina, cunha escura e sorprendente trama do pasado. Nela mestúrase con poderoso trazo a decadencia dunha familia fidalga (e a vida de criados, labregos e veciños que traballan arredor do pazo no que mora) coa persecución das partidas de fuxidos do sur de Lugo, o roubo de bebés e a represión do franquismo durante a Guerra Civil e a posguerra.Logo de varios anos de silencio, reaparece Xabier Quiroga na narrativa galega. Faino para, combinando realidade e ficción e apoiado nunha lingua vizosa de seu, mergullarnos no espazo épico da Ribeira Sacra (centrado esta vez no pazo de Tor, e co lugar de Albaredo, o mosteiro das Bernardas e o pantano de Bouzuás como elementos destacados) e ofrecernos unha historia dura e cativadora na cal ninguén é quen cre ser e case nada do que nos contaron coincide exactamente coa realidade.

Autor
Quiroga, Xabier
Materia
Literatura > Narrativa gallega
Género
Crimen y misterio > Novelas clásicas policiacas y de misterio
EAN
9788491219132
ISBN
978-84-9121-913-2
Edición
1
Editorial
Edicións Xerais
Páginas
800 
Alto
23.0 cm
Ancho
15.5 cm
Fecha publicación
10-06-2021
Idioma
Gallego 
Colección
Xerais narrativa 
Nº en la colección
477 
Edición en rústica
22,98 € Añadir al carrito
Entrega: menos de 8 días

Quiroga, Xabier (aut.)

  • Quiroga, Xabier
    Xabier Quiroga (Saviñao, 1961) es un escritor español en lengua gallega. Licenciado en Filología gallega, es profesor de Lengua y literatura gallega.   Ver más sobre el autor