Da calzada ao casco vello de Vigo
un paseo a pé pola historia e a arquitectura
Lamas, Jorge (1962- )
Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos.Para coñecer ese pasado e as súas pegadas no presente, este libro ofrece tres rutas históricas e arquitectónicas que van dende A Calzada, nos límites con Teis, ata a Porta do Sol e a rúa Carral. O paseante poderá percorrer, acompañado polo libro, os eixos de García Barbón-Policarpo Sanz e Rosalía de Castro-Marqués de Valladares, así como a antiga beiramar que marca o Areal e os primeiros recheos.
- Autor
-
Lamas, Jorge (1962- )
- Materia
-
Arte
> Arquitectura
- EAN
-
9788411103237
- ISBN
-
978-84-1110-323-7
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 112
- Alto
- 21.0 cm
- Ancho
- 16.0 cm
- Fecha publicación
- 08-06-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Grandes obras