Comezar polo neno
Lodi, Mario
Publicado por vez primeira en 1977, é o texto fundamental da súa actividade pedagóxica e continúa a ser referencia para unha reflexión sobre a relación entre os nenos e a escola. Lodi trasládanos a súa observación atenta sobre o modo de pensar e aprender dos nenos e nenas a partir da aula como lugar de intercambio, formación e confrontación. Defensor dun modelo escolar en que se potencien as capacidades expresivas e creativas do alumnado, estimulando o pensamento reflexivo e os valores democráticos, esta obra servirá de acicate para quen quere seguir traballando por unha ensinanza activa, por unha escola baseada en valores como a solidariedade e a cooperación, na que cada neno e nena poidan desenvolver as súas propias actitudes e intelixencias, así como as súas habilidades expresivas e creativas.
- Autor
-
Lodi, Mario
- Materia
-
Pedagogía
> Enseñanza primaria
- EAN
-
9788413432298
- ISBN
-
978-84-1343-229-8
- Edición
- 1
- Editorial
-
Kalandraka Editora
- Páginas
- 260
- Alto
- 21.5 cm
- Ancho
- 15.0 cm
- Fecha publicación
- 30-05-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Biblioteca de pedagoxía