![As malas mulleres As malas mulleres](../covers/9788491515975.jpg)
As malas mulleres
Premio Blanco Amor 2020
Aleixandre, Marilar
A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do "mudo coro das malas mulleres", que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas. Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.
- Autor
-
Aleixandre, Marilar
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Género
- General > Ficción moderna y contemporánea
- EAN
-
9788491515975
- ISBN
-
978-84-9151-597-5
- Edición
- 1
- Editorial
-
Editorial Galaxia
- Páginas
- 250
- Alto
- 21.0 cm
- Ancho
- 13.5 cm
- Fecha publicación
- 26-02-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Literaria
- Nº en la colección
- 424