Amor de tango

Amor de tango

Queizán, María Xosé

En "Amor de tango" María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra. É a novela das obreiras das fábricas de sardiñas que están estreitamente ligadas ao desenvolvemento industrial da cidade e da ría. É a novela dos transatlánticos, das fábricas de salgadura, do Cable Inglés, das grandes Navieiras, da emigración, do Berbés. Memoria viguesa, intimismo, historia miúda e persoal e retratos construídos desde un eficaz realismo constitúen os eixos sobre os que gravita este fermoso e inesquecible canto a Vigo e ás mulleres que a poboaron.

Autor
Queizán, María Xosé
Materia
Literatura > Narrativa gallega
Género
General > Ficción moderna y contemporánea
EAN
9788411102551
ISBN
978-84-1110-255-1
Edición
3
Editorial
Edicións Xerais
Páginas
192 
Alto
22.5 cm
Ancho
14.5 cm
Fecha publicación
19-01-2023
Idioma
Gallego 
Colección
Xerais narrativa 
Nº en la colección
73 
Edición en rústica
17,79 € Añadir al carrito
Entrega: menos de 8 días

Queizán, María Xosé (aut.)

  • Queizán, María Xosé
    María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é unha das escritoras de máis nítida voz da Galicia de hoxe. Directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora femi   Ver más sobre el autor