O Menhir de Ouro
Goscinny, René
Uderzo, Albert
(il.)
Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!». Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus "indoutos" veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro! Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa... Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará! Prolongade a experiencia do Menhir de Ouro coa súa versión sonora! Voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida para completar as asombrosas aventuras de Astérix e Obélix e descubrir por fin os terribles rechouchíos do bardo Asegurancetúrix.
- Autor
-
Goscinny, René
Uderzo, Albert (il.)
- Matèria
-
Infantil i juvenil
> Còmics
- EAN
-
9788491217770
- ISBN
-
978-84-9121-777-0
- Edició
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Pàgines
- 48
- Alçada
- 28.8 cm
- Amplada
- 22.0 cm
- Data publicació
- 22-10-2020
- Idioma
- Gallec
- Col·lecció
- Astérix