Denuncia do equilibrio
Arias, Xela
"Denuncia do equilibrio", publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor. Este primeiro libro de poemas de Xela Arias dá conta do arrebato dunha voz nova, independente, radicalmente propia, que se pon en marcha cunha enorme forza simbólica. Como di a poeta Olga Novo no limiar en "Denuncia do equilibrio" está "a altura, o precipicio, a conmoción".
- Autor
-
Arias, Xela
- Matèria
-
Literatura
> Poesia gallega
- EAN
-
9788491218821
- ISBN
-
978-84-9121-882-1
- Edició
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Pàgines
- 80
- Alçada
- 22.0 cm
- Amplada
- 14.5 cm
- Data publicació
- 11-03-2021
- Idioma
- Gallec
- Col·lecció
- Poesía
- Núm. a la col·lecció
- 71