Unha rapaza de provincias
Santomé, Cecilia F.
1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñecer aquela sociedade libre, diversa, laboriosa, sacrificada. Abafante. Unha sociedade nos antípodas da súa aldea, tan pequena, tan pechada. Mais non todo en Barcelona é de cor de rosa. Carmen comprobarao cando busque colocación como criada nos barrios altos, para sacar uns cartiños mentres non regresa á casa. Ao servizo de señoras adiñeiradas, cociñará, fregará, escoitará moito e calará aínda máis. Aprenderá a adaptarse ao medio e a baixar a cabeza. No fin de contas, ela só está de paso.
- Autor
-
Santomé, Cecilia F.
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Género
- General >
- EAN
-
9788491219934
- ISBN
-
978-84-9121-993-4
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 104
- Alto
- 23.0 cm
- Ancho
- 15.5 cm
- Fecha publicación
- 14-10-2021
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Xerais narrativa
- Nº en la colección
- 483