Un millón de vacas
Premio da Crítica, 1989
Rivas, Manuel (1957- )
Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazo na ría, entre o turbo e a corredoira, as parabólicas e o tute, as bandas modernas e a pensión agraria... En "Un millón de vacas", o Manuel Rivas periodista vai da man do Manuel Rivas escritor, enriquéceo. A imaxinación é unha ferramenta nesa viaxe de descuberta. Hai moito matiz e sensibilidade nestas páxinas que anuncian de primeiras divertimento, un xogo, unha explosión de humor, pero que axiña afondan tamén na outra cara da realidade, a menos visible, e invitan a exercitar o noso espírito crítico.
- Autor
-
Rivas, Manuel (1957- )
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Género
- General > Ficción moderna y contemporánea
- EAN
-
9788411104401
- ISBN
-
978-84-1110-440-1
- Edición
- 15
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 176
- Alto
- 23.0 cm
- Ancho
- 15.5 cm
- Fecha publicación
- 09-11-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Xerais narrativa
- Nº en la colección
- 42