
O negociador
Finalista do Premio Xerais de Novela 2021
Sande, Miguel
Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou naqueles encontros pola liberación. As lembranzas e as sensacións dese momento enchen todo o relato. As vidas das persoas implicadas no proceso de acordo, tamén da parte de ETA, convértense nun complexo labirinto con diferentes saídas e historias colaterais que afectan incluso a xeracións posteriores. En "O negociador" técese unha proposta documentada e suxestiva na que se entrelazan emocións intensas e contextos políticos que intentan explicar as consecuencias persoais daquel acontecemento. Un reto narrativo de altura que non deixa de sorprender ata o final.
- Autor
-
Sande, Miguel
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Género
- General > Ficción moderna y contemporánea
- EAN
-
9788411101110
- ISBN
-
978-84-1110-111-0
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 152
- Alto
- 23.0 cm
- Ancho
- 15.5 cm
- Fecha publicación
- 12-05-2022
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Xerais narrativa
- Nº en la colección
- 494