Multitudes
Reimóndez, María
Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse.Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado. Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.
- Autor
-
Reimóndez, María
- Materia
-
Literatura
> Narrativa gallega
- Género
- Ciencia ficción > Apocalíptica y postapocalíptica
- EAN
-
9788411102339
- ISBN
-
978-84-1110-233-9
- Edición
- 1
- Editorial
-
Edicións Xerais
- Páginas
- 216
- Alto
- 23.0 cm
- Ancho
- 15.5 cm
- Fecha publicación
- 16-02-2023
- Idioma
- Gallego
- Colección
- Milmanda
- Nº en la colección
- 38