A música das palabras

A música das palabras

de lingua e literatura (1990-2021)

Cabana, Darío Xohán

"Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos". En "A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021" Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relación persoal con Darío: Celso Emilio, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Díaz Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín..., ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca. Darío Xohán Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdo imprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, como tradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade e inmensidade da lingua levándoa a calquera outro tempo, cultura e literatura coas súas traducións, coa intención urxente de enriquecer o noso idioma máis alá do que inclúen os dicionarios, porque como afirma nestas páxinas, "cada vez que unha palabra morre, ou é asasinada [...], daquela morre unha pequena parte da lingua, e polo tanto morre tamén unha minúscula parte da patria".

Autor
Cabana, Darío Xohán
Materia
Literatura > Ensayos
EAN
9788411100717
ISBN
978-84-1110-071-7
Edición
1
Editorial
Edicións Xerais
Páginas
456 
Alto
24.0 cm
Ancho
17.0 cm
Fecha publicación
12-05-2022
Idioma
Gallego 
Colección
Universitaria Manuais
Nº en la colección
160. 
Edición en rústica
23,99 € Añadir al carrito
Entrega: menos de 8 días

Cabana, Darío Xohán (aut.)

  • Cabana, Darío Xohán
    Darío Xohán Cabana (Roás, 1952-2021) fue un escritor español en lengua gallega de obras fundamentalmente narrativas.   Ver más sobre el autor