A Minerva compostelá
García Iglesias, José Manuel (ed.)
Universidade de Santiago de Compostela, 2021
173 p. 28x23 cm.
9788418445675

Consultar disponibilidad en

Catálogo da exposición A Minerva Compostelá. As súas glorias (Colexio de Fonseca, 7 de outubro de 2021-22 de xaneiro de 2022), que contou para a súa posta en escena, o que supoñen dous espazos emblemáticos do Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca: o chamado Salón Artesoado —tamén coñecido, antano, como «Aula General de Teología»— e a súa capela. A mostra quere abordar o tema das glorias que a Minerva Compostelá tivo, contándose, neste caso, cunha serie de retratos e de vítores desde os que se propón un relato; fondos pictóricos desprazados do lugar para o que foron orixinariamente pensados e aos que a exposición procura poñer, nalgún caso, en relación co seu primeiro sentido e, noutros, con algunha das ulteriores localizacións que lles outorgaron un novo valor.