XAN DO ARRANALDO

Xan do arranaldo
 

AUTOR/-A: 

FONTOIRA SURÍS, RAFAEL

EDITORIAL: 

LAIOVENTO

COL·LECCIÓ: 

NARRATIVA ; 359

ISBN: 

9788484874027

EDICIÓ: 

1

DESCR. FÍSICA: 

172 p. 21 cm

DATA PUBL.: 

07-05-2018

IDIOMA: 

glg 
$ 17.00

Segons resposta     
    de l'editor


Libro
Afegir a la cistella
 
 
Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.
Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana “A Beltranexa” como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.
Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da “boa vila” ao seren cercada polas tropas dos reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.
Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.
Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas.
A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixeron da cidade unha das vilas máis ricas e poboada da península ibérica durante máis de douscentos anos e a máis grande de Galicia.
É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona