UN VENTO QUE PASA

Un vento que pasa
 

AUTOR/-A: 

CONDE, ALFREDO

EDITORIAL: 

EDITORIAL GALAXIA

COLECCIÓN: 

LITERARIA ; 393

ISBN: 

9788491513537

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

228 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

27-06-2019

IDIOMA: 

glg 
19,13 €

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasar o tempo lle contan os compañeiros de doenza -unha manda de lobos en procura do seu propio desamparo-. Simultaneamente, lembra e debulla a súa peripecia. Con cinismo e sarcasmo, o protagonista relata a historia da súa postración e soidade, do enclaustramento na súa casa de campo asistido por monxas mentres é arrastrado por ese vento que leva inevitablemente a todo mortal e un final inxusto. Velaquí a historia dun home “atado a si mesmo”, dun “ser atravesado” que soamente posúa unha certeza, a constancia dos seus erros. Un narrador escéptico e sagaz para quen a sabedoría é ao tempo condena e salvación.
Ás veces obscena, outras dunha ironía clarividente, o ton confesional desta novela de Alfredo conde fai abrollar a farsa cruenta da vida. Unha farsa que, dosificada, acaba por tinguilo todo cun aquel patético, absurdo e, precisamente por iso mesmo, verdadeiro. “Unha esaxeración propia dun vello consentido”.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona