ULCIS |
||||||||||||||||||||
|
$ 20.00
Segons resposta
de l'editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: "Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida". Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alí onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de "Ulcis", o derradeiro libro do autor de Nogueira de Ramuín, libro no que traballou ata os últimos días da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnífico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epílogo, e con limiar de X. L. Méndez Ferrín. | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |