TOPONIMIA DE AGOLADA |
||||||||||||||||||||
|
|
14,42 €
Segons resposta
de l'editor ![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
A toponimia reflicte a historia e o xeito en que a xente se instala e convive co territorio. A UNESCO declarouna patrimonio cultural inmaterial da humanidade que merece especial respecto e protección e hoxe está incluída nas leis do patrimonio de Galicia e de España. A toponimia galega é singular, non só porque nos define como pobo senón tamén porque a súa abundancia, variedade e antigüidade non encontra símil noutra parte do mundo. Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo. |
||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |