TONAS DE LARANXA

Tonas de laranxa
 

AUTOR/-A: 

LORENZO MIGUéNS, MARíA
LORENZO BALEIRóN, MANUEL

EDITORIAL: 

EDICIóNS XERAIS

COLECCIÓN: 

XERAIS NARRATIVA ; 328

ISBN: 

9788499144399

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

1621 p. 23 cm

FECHA PUBL.: 

01-01-2012

IDIOMA: 

glg 
$ 20.50

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
" Tonas de lanraxa " , a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. " Tonas de laranxa " bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.
 

Premio Xerais de Novela 2012.



   OBRAS RELACIONADAS

Cortezas de naranja
Cortezas de naranja
9788419942791

SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona