TEITO DE FERRO |
||||||||||||||||||||
|
$ 12.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
O neto de Carme Sinde ve pasar nas lapas do lume que acendera na lareira da súa avoa as sombras, e ouve os ecos, dos desastres da guerra que ela lle relata nunha carta que lle deixara dentro dun sobre que non puido abrir até após o enterro dela.En Teito de ferro o autor pon diante da lectora, do lector, as represalias que logo do golpe de estado que en España sucedera en xullo de 1936 leváranse a cabo nun barrio de Santiago de Compostela ao que Juan Besada lle pon na ficción o nome de Vilamercede.Tomando prestada de Gustav Mahler a estrutura da súa Sexta Sinfonía fita a ollada o autor de Teito de ferro, non no acontecemento histórico, senón nos cenos mais nos silencios, nas voces íntimas mais na memoria das xentes que o sufriron.Juan Besada quere render, de paso, unha homenaxe sentida a cantos padeceron en carne propia o embate do franquismo, que tanto durou e que tanto dura aínda agachado | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |