POESíA REUNIDA |
||||||||||||||||||||
|
$ 29.00
Disponible
|
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con Voce na néboa (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con Antoloxía popular (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde Poesía enteira de Heriberto Bens (1980). A publicación en 1976 de Con pólvora e magnolias é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en O fin dun canto (1982). En 1994 Estirpe suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que Contra Maquieiro (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica Homes e illas (1986), Morte de Amadís (1989), Erótica (1991), O outro (2002) e Albh (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre Bretaña, Esmeraldina de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema. A poesía de Ferrín reunida nun único volume en edición de Anxo Angueira. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |