POESíA GALEGA REUNIDA (1991-2017) |
||||||||||||||||||||
|
$ 26.50
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia, tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma Carne de can ou Un escuro rumor tralo silencio. Editorial Galaxia ofrece por primeira vez a súa produción poética galega completa, que inclúe neste volume as obras publicadas en vida do autor —Dende unha nada núa, Esteiro de noites falecidas e CO2—, as creacións espalladas en revistas, escolmas e libros colectivos, e os poemarios inéditos Sinopse (Romance do presaxio), Sonetario impertinente, (Sen ramal) e De tanto amar a Dores. Sen dúbida, esta edición contribuirá a que a voz perentoria, poderosa e suxestiva do “xograr da gravidade” ocupe o lugar que lle corresponde por mérito propio. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |