OS MOSTEIROS DE SANTA MARíA DE TOMIñO E SANTA BAIA DE DONAS NA IDADE MEDIA. : ESTUDO HISTóRICO E COLECCIóN DOCUMENTAL |
||||||||||||||||||||
|
$ 11.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Chegaron ao presente 68 documentos referentes a estes dous cenobios, datados entre o século XII e os inicios da centuria do XVI. Trátase de textos que falan, por suposto, da historia de ambos os mosteiros, fundados en datas próximas e con numerosos paralelismos na súa evolución, ata o seu final baixo o mando dunha única abadesa. Refiren a configuración destas dúas casas bieitas no que respecta á súa comunidade e ao seu dominio, con notables intereses en terras de Portugal. Explican, por último, as relacións de Tomiño e Donas coa súa contorna, fundamentalmente no marco da atribulada historia baixomedieval do bispado de Tui —ao que pertenceron e a cuxo cabido foron en última instancia anexionados— e a súa tensa relación coa nobreza da época, na que resoa un apelido: Soutomaior. Desenvólvense amplamente todas estas epígrafes no estudo histórico que acompaña a colección documental —coa súa transcrición íntegra e o apoio dos necesarios índices— destes dous mosteiros da Galicia medieval. | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |