OS INMIGRANTES IMAXINADOS : A IDENTIDADE GALEGA NA ARXENTINA (1780-1960) |
||||||||||||||||||||
|
|
26,92 €
Disponible
![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación coas imaxes que sobre os inmigrantes circulaban naquela sociedade, na esfera pública e literaria, entre os séculos XIX e XX, o peso dos estereotipos negativos e a súa evolución, a competencia e complicidade con outras colectividades, nomeadamente a italiana, e o papel das elites galegas no fomento de imaxes alternativas do bo inmigrante. Tamén se revisan as actitudes dos inmigrantes cara á súa lingua e estúdanse as súas festas, miradoiros para esculcar as dinámicas de convivencia e conflito de diversos referentes identitarios, con especial atención ao teatro xerado na colectividade galega de Bos Aires. Un rico calidoscopio de imaxes, estereotipos e contraimaxes que neste libro se reconstrúe para contribuír ao coñecemento das mentalidades e imaxinarios da diáspora, parte indispensábel da historia da Galicia contemporánea. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |