Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na ciencia. Ou un ensaio filosófico sobre o sentido da vida. Ou un revirado exercicio de metaliteratura que pretende romper a cuarta parede e interpelar o lector. Ou, se cadra, «O xogo de Escher» non é nada de todo iso e só é un libro que fala sobre un libro titulado «O xogo de Escher». Se cadra, «O xogo de Escher» é só un xogo. Ou é a vida mesma. Se cadra, «O xogo de Escher» non é nada. Ou é todo. Se cadra, «O xogo de Escher» é só un xogo. Ou é a vida mesma. Se cadra, «O xogo de Escher» non é nada. Ou é todo. IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira 2023. |