O VALEGO : AS FALAS DE ORIXE GALEGA DO VAL DO ELLAS (CáCERES-ESTREMADURA)

O valego : as falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura)
 

AUTOR/-A: 

COSTAS, XOSé HENRIQUE

EDITORIAL: 

EDICIóNS XERAIS

ISBN: 

9788499145570

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

280 p. 17 cm

FECHA PUBL.: 

23-11-2013

IDIOMA: 

glg 
$ 20.50

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo. Debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con atención especial á toponimia), dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas, para o que propón unha solución ‘‘á galega’’. Non separa o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, non escapa dos aspectos políticos, polo que o libro se abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, e estuda a lexislación lingüística ignorada, particularmente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, mais tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona