O TEMPO DAS MAREAS : MARíA CASARES E GALICIA

O tempo das mareas : María Casares e Galicia
 

AUTOR/-A: 

LOPO, MARíA

EDITORIAL: 

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

COLECCIÓN: 

ESTUDOS MIGATORIOS

ISBN: 

9788492923670

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

217 p. 24 cm

FECHA PUBL.: 

11-03-2016

IDIOMA: 

glg 
$ 16.50

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarès, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea.
Recuperar a Galicia de María Casares, reintegrar a súa memoria á nosa é a proposta destas páxinas, porque a súa Galicia forma parte da historia que nos foi negada, e porque a actriz sempre levou con orgullo e dignidade o seu ser de muller galega. María Casares fixo vivir Galicia na creación artística francesa, modificando as súas linguaxes teatrais en clave galaica e deixando a súa traza oceánica no universo mediterráneo de Albert Camus. Descubrindo a Galicia de María Casares, a súa liberdade, comprendéndoa, quizais poidamos facer un pouco máis libre a nosa
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona