O RUMOR DO DISTANTE : A ESCRITA DA TERRA |
||||||||||||||||||||
|
|
19,18 €
Disponible
![]() ![]() |
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
As humildes trazas dos camiños, comunicando a montaña e o mar, ao longo da historia da Galiza, vertebraron a cultura de noso, e a xeografía de parte da Europa. Trouxo a camiñantes coa súa cultura e a súa visión do mundo e levou de retorno á súa terra, a ollada marabillada polas imaxes do sagrado, dunha terra e dun pobo cunha cultura milenaria. Este longo poema que percorre os sete camiños (6+1) foi escrito paralelamente aos traballos do autor na protección do patrimonio cultural galego. Coa delimitación das súas trazas, o poeta inicia a súa escrita, constatando que somos un dos pobos que máis humanizou a natureza, nun titánico traballo de séculos, sedimentando o ser que nos constitúe, dando nomes a lugares que significan é son o noso ADN, e que neste poemario, que obtivo o XX Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega, foron habitados da poesía. Ao ollar cara atrás vemos os camiños submersos na banalización do seu significado cultural. Hoxe, ollamos como a nosa terra segue a se desangrar nunha silente extenuación que destrúe o noso patrimonio cultural. Se permitimos a deshumanización da nosa terra desaparecerá aquilo que anainou a nosa identidade. Este proceso invisible de aculturación, alén do espolio económico, fainos parte dun proceso de destrución do patrimonio natural, con minas que arrincan a dourada entraña, envelenando as augas até nos converter nunha estéril terra morta. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |