O INSTITUTO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (ICE) DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA : NACEMENTO E EVOLUCIÓN (1969-2019)

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela : Nacemento e evolución (1969-2019)
 

AUTOR/-A: 

PORTO UCHA, ÁNGEL SERAFÍN
VÁZQUEZ RAMIL, RAQUEL

EDITORIAL: 

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ISBN: 

9788417595753

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

359 p. 24 cm

FECHA PUBL.: 

10-03-2020

IDIOMA: 

glg 
$ 24.00

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento para mestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa conta ou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicacións que recollían experiencias dun número moi considerable de profesores da propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moi laborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitas veces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas, conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, ao non existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de ciencias da educación doutras universidades españolas. A esta rigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco de información e documentación complementaria: referencias bibliográficas e documentais; índice de imaxes, de táboas e onomástico, e once anexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursos de especialización, posgrao e másteres; o obradoiro permanente de educación ambiental; os proxectos de investigación desenvolvidos polo ICE; as publicacións patrocinadas; os premios á innovación educativa na USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveis do ICE.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona