O INSPECTOR E MAIS EU |
||||||||||||||||||||
|
$ 19.50
Segons resposta
de l'editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende. As pretensións amorosas da protagonista contadas en clave de humor son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico. Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |