O DOBRóN DE A OITO |
||||||||||||||||||||
|
$ 18.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
O dobrón de a oito narra as aventuras do rapaz Martiño de Santadrán na Galicia da segunda metade do século XVIII, cando o antigo réxime estaba a esmorecer e polo país adiante medraba tanto a inseguridade dos camiños como a arbitrariedade dos escribáns e das xustizas locais. Os feitos arrancan coa chegada do protagonista á taberna de Lusquiños, que se levanta ao pé da praia do mesmo nome. É entón cando comezan a se destapar os enigmas que rodearon os últimos días do pai do protagonista, un artilleiro que morrera nun barco da real armada. A precipitación dos acontecementos na taberna fai que Martiño procure a axuda do fidalgo de Dornas e do curioso personaxe do gaiteiro Gures. Finalmente, os tres xuntos veranse na obriga de afrontar un perigoso destino | ||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |