Mercedes Tella Comas (1868-1934)
Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña
Disponible bajo pedido
Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debÃa ter na sociedade. PoderÃa ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podÃan e debÃan estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, cientÃfica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres. Admiradora de Concepción Arenal, estreita colaboradora de Manuel Casás, de pensamento conservador e católico, non dubidou en defender valores progresistas en educación como a defensa da coeducación ou o papel que debÃan ter os libros e os xogos na educación da infancia, o que lle permitiu ser unha das más destacadas renovadoras da pedagoxÃa das Escolas Normais en Galicia no primeiro terzo do século XX.