MáSCARAS ROTAS PARA SEBATIAN NELL

Máscaras rotas para Sebatian Nell
 

AUTOR/-A: 

RAMOS, ALBERTO (1986- )

EDITORIAL: 

EDITORIAL GALAXIA

COLECCIÓN: 

LITERARIA ; 331

ISBN: 

9788498655698

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

404 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

14-11-2014

IDIOMA: 

glg 
$ 27.00

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Máscaras rotas para Sebastian Nell, novela coa que Alberto Ramos obtivo o Premio García Barros do ano 2014. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela que combina distintos tipos de escritura nos que a materia narrativa se une co xénero da entrevista. En opinión do xurado, nesta obra de Alberto Ramos destaca a grande orixinalidade da disposición do material narrativo e a caracterización do seu protagonista. Introdúcesenos nunha poderosa historia protagonizada por un actor inglés nas súas derradeiras horas; Sebastian Nell lembra os seus días, cheos de luces e sombras, diante dunha xornalista coa que mantén unha entrevista longa. Polo camiño vai aboiando todo un mundo de miserias persoais e profesionais, de envexas e iras que tracexan un retrato intenso e non sempre agradecido do difícil universo do teatro e do cinema. Ao final da súa vida, e tras recibir o diagnóstico do alzhéimer, o actor británico Sebastian Nell concédelle unha única entrevista á xornalista Rebecca Graham. Nas longas horas de conversa, o actor percorre a súa traxectoria teatral en Gran Bretaña e a súa carreira cinematográfica en Hollywood. Retrata así, con nostalxia e ao tempo desarraigamento, os falsos brillos da sociedade do espectáculo. Mais non só, porque do pasado de Sebastian Nell tamén xorden os bombardeos de Londres na Segunda Guerra Mundial, a enfermidade, a miseria, o amor, un particular sentido da historia contemporánea e un desexo impúdico de contar. Alberto Ramos fai nesta novela unha radiografía dos claroscuros do século XX a través do diálogo punzante e inclemente de dous personaxes que intentan descubrir quen é cadaquén. E onde nada é nunca o que parece.
 

Premio García Barros do ano 2014 que organiza o Concello da Estrada

SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona