MARXES E CENTROS : PARA UNHA SOCIOLOXíA DO CAMPO CULTURAL : (CUNHA ENTREVISTA AO AUTOR, "AUTOANáLISE, O QUE UN VéN SENDO")

Marxes e centros : para unha socioloxía do campo cultural : (cunha entrevista ao autor,
 

AUTOR/-A: 

FIGUEROA, ANTóN

EDITORIAL: 

LAIOVENTO

COLECCIÓN: 

ENSAIO ; 321

ISBN: 

9788484872955

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

222 p. 21 cm

FECHA PUBL.: 

2015

IDIOMA: 

glg 
$ 17.00

Según respuesta  
     del editor  


Libro
Añadir al carrito
 
 
Algúns dos dez traballos de Antón Figueroa recollidos neste libro foron publicados orixinalmente en lugares de acceso non sempre doado para os interesados na súa lectura ou consulta. O criterio activado polo equipo editor para a efectuar a selección transcendeu, con todo, tal singularidade e procurou a representatividade e o interese específicos dos asuntos abordados desde unha perspectiva actual.
Neste sentido, pode afirmarse que os textos aquí compilados supoñen unha escolma fidedigna e cabal do pensamento de Antón Figueroa e do conxunto das súas investigacións. A súa lectura evidencia a gran coherencia heurística, epistemolóxica e crítica –no sentido máis amplo do termo– que arrincaba en 1988 con Diglosia e texto e alcanza as últimas publicacións do autor. Entre elas, Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Laiovento, 2010) e "Le processus d'autonomisation et l'évolution des fonctions des rapports extérieurs dans les littératures minoritaires. Le cas galicien" (en A. Boschetti, dir., L'Espace culturel transnational, 2010).
Figueroa regresa nos artigos agora compilados sobre cuestións anticipadas noutros ensaios pero faino sempre con perspectivas anovadoras que dilatan a especificidade analizada e contrastan a súa entidade con novas conceptualizacións e novos fundamentos metodolóxicos, permanentemente sometidos a revisión e a un principio de reflexividade. Este último atinxe ante todo ao suxeito que analiza e describe a realidade social e cultural da que pretende dar conta. Por isto mesmo resulta de máxima funcionalidade como peche do volume a entrevista que o equipo editor deste volume mantivo co profesor en torno a unha autoanálise aplicada sen restricións cronolóxicas nin de ningunha outra índole.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona