LUPERCAIS : (UNHA ANTOLOXíA POSIBLE) |
||||||||||||||||||||
|
$ 16.00
Según respuesta
del editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Lupercais (Unha antoloxía posible) é o título da escolma que serve de presentación ao grupo de poetas que se reúne arredor do festival anual celebrado en Lugo baixo o nome, precisamente, de Lupercais. Unha oportunidade única para ler a algunhas das voces emerxentes da nova poesía galega, con nomes consagrados pola crítica e os lectores como Nieves Neira, Genaro da Silva, Xerardo Quintiá, Luís López Alonso, Antóm Fortes, Luís Valle ou Miguel Ángel Curiel, que nesta antoloxía de Chan da Polvora publica os seus primeiros poemas en galego. Son doce poetas que viven en Lugo nunha relación profundamente literaria, case bohemia, e que consolidaron a súa amizade arredor das Lupercais, un dos epicentros poéticos de Galicia. Dende a rotura de clixés e unha poesía máis achegada ao eu propio de Antom Fortes, ou a actual, por veces humorística e sempre intelixente voz de Lois Pérez, até o hermetismo de Luís López Alonso ou a poesía ontolóxica de Abraham Pérez. Pasando pola sorprendente beleza nas coidadas verbas da madrileña Sara Plaza, que adoptou o galego como a súa propia lingua ou a expresión volcánica de María Grandío ou Mónica Caldeiro. E máis elementos discordantes nesta resonancia de voces. Dende o traballo de ourive, coidadoso e preciso de Luís Valle, á voz que se agranda no territorio mítico do Fornelos de Xerardo Quintiá. E como non, a mística dun “aquí” posíbel milagreiro de Nieves Neira, perante a mística imposíbel das flores negras de Genaro da Silva e os soles negros de Miguel Ángel Curiel. Cos mesmos vimes cos que se foi tecendo a urda amigábel entre esta ducia de vates, trámase este libro posíbel, convidando á descuberta desta heteróclita panoplia de voces. po poema, ensaio e diario de viaxe, un texto desbordante que adopta a forma do pensamento que poda contelo. |
||||||||||||||||||||
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |