LOAIRA

Loaira
 

AUTHOR: 

REI BALLESTEROS, ANXO A.
CASTELAO, MANUEL (ed.)

PUBLISHER: 

LAIOVENTO

SERIES: 

NARRATIVA ; 430

ISBN: 

9788484876298

EDITION: 

1 ÍNTEGRA

PHYSICAL DESCR.: 

488 p. 21 cm

PUBL. DATE: 

2023-07-04

LANGUAGE: 

glg 
$ 32.00

According to  
    publisher's response  


Libro
Add to basket
 
 
Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX, en que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos –ou non damos vivido– a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas. Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire –en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros– unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Phone+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona