IMPERIOS E DANZAS : AS ESPAñAS PLURAIS DO FRANQUISMO |
||||||||||||||||||||
|
$ 25.00
Segons resposta
de l'editor |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política. Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas, xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime. |
||||||||||||||||||||
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020 |
||||||||||||||||||||
|
OBRES RELACIONADES |
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nau D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |