HISTORIA DA LITERATURA GALEGA, 3. DE 1916 A 1936 |
||||||||||||||||||||
|
$ 27.00
According to
publisher's response |
|||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
Continuando o relato iniciado polo primeiro volume –Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853– e polo segundo –Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento–, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 –data da fundación das Irmandades da Fala– e xullo de 1936 –momento en que deu inicio a Guerra Civil española–. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso –a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro– non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco. Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante –en interacción continua– da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen |
||||||||||||||||||||
|
RELATED WORKS |
|
|
|
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS |
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona |
+34 932 988 960 +34 932 988 961 info@puvill.com |
facebook.com/Puvill.Libros
plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona |